sábado, 30 de enero de 2016

RESULTADO DAS VOTACIÓNS. ‘PÍNTAO DE ROCK: II CERTAME DE ROCK + ARTES PLÁSTICAS E VISUAIS 2016’. IES RAMÓN CABANILLAS + CONCELLO DE CAMBADOS




A organización do certame decidiu cancelar o concerto-fase final de PÍNTAO DE ROCK: II CERTAME DE ROCK + ARTES PLÁSTICAS E VISUAIS 2016 organizado polo IES Ramón Cabanillas e o Concello de Cambados, debido a que non se cumpliron as previsións mínimas de 4 grupos participantes.






Así mesmo, tomou a decisión de conceder un único premio consistente nunha actuación durante as Festas do Albariño 2016, para o grupo clasificado en 1º lugar, CABINA 402.






O resultado das votacións do xurado deu a seguinte orde de clasificación:






CABINA 402


ANXO XESTEIRA


CRAZY WEEKS








· Os compoñentes da Banda que actúe en directo deberán corresponder aos membros inscritos. A sustitución dalgún membro deberá estar xustificada por causas de forza maior e deberá autorizarse pola organización. En todo caso o sustituto debe cumprir os requisitos recolleitos nestas Bases.






· As bandas que tomen parte no concerto deberán acudir cos seus propios instrumentos e amplificación, se ben a organización preparará convintemente o escenario para o envento ( mesa de son, amplificación xeral, iluminación básica…). Se a actuación dalgunha das bandas requerise un tratamento concreto de iluminación, escenografía, vestiario…deberá ser previsto polos participantes.






· Os gastos de desprazamento para realizar a súa actuación correrán a cargo dos participantes.






· A duración da actuación do grupo será acordada coa organización das Festas do Albariño 2016 .









A organización e o xurado do certame agradecen a participación  aos grupos que se presentaron a esta nova edición do PÍNTAO DE ROCK: II CERTAME DE ROCK + ARTES PLÁSTICAS E VISUAIS 2016 .

jueves, 5 de noviembre de 2015

PÍNTAO DE ROCK: II CERTAME DE ROCK + ARTES PLÁSTICAS E VISUAIS




PÍNTAO DE ROCK: II CERTAME DE ROCK + ARTES PLÁSTICAS E VISUAIS. IES RAMÓN CABANILLAS + CONCELLO DE CAMBADOS


BASES DO CONCURSO




O IES RAMÓN CABANILLAS e o CONCELLO de Cambados organizan PÍNTAO DE ROCK: II CERTAME DE ROCK + ARTES PLÁSTICAS E VISUAIS, dirixido a grupos ou solistas novos da comarca do Salnés co obxectivo de impulsar e difundir a música emerxente e todo o referente ás artes plásticas e visuais relacionadas con este ámbito.




1. REQUISITOS



· Poderán participar no concurso todas aquelas bandas da comarca do Salnés (Vilagarcía de Arousa, Sanxenxo, Cambados, o Grove, Vilanova de Arousa, Meaño, Ribadumia, Illa de Arousa e Meis) que cumpran os seguintes requisitos:



· Que máis da metade dos compoñentes estea cursando estudos nalgún dos centros de ensino secundario do Salnés.



· Que no momento da inscripción, non posúan ningún disco suxeito a un contrato discográfico.



· Non poden presentarse de novo ao concurso os grupos ou solistas que cumprindo os requisitos acadaran un premio en edicións anteriores nalgunha das categorías propostas no apartado 7.





2. MODALIDADE



· Unha única modalidade de Rock e todas as súas posibles combinacións (rock, rock and roll, pop, punk rock, post rock, garage, psicodelia, rhythmblues, tecno pop, hard rock, noise, power pop, art rock, indie, hard core, emo, folk rock, americana, soul, stoner, funk, ska-reggae, hard rock, heavy, power, thrash, speed, death, grind, black, doom, metal gótico, industrial, hard-rock, hardcore, nu metal, rap metálico, metal alternativo; as posibles combinacións coa música electronica: electro, breakbeat, trip hop, electroclash, hip-hop, rap,…).





3. INSCRICIÓN:



· Os participantes deberán cumprimentar o Formulario (ficha de inscrición) adxunto , que figura tamén no blog do certamen (http://pintaoderock.blogspot.com.es/). Crearán para este fin un documento nun formato dixital (doc, docx ou odt).



· Apartado musical: enviarán 1 ou 2 temas musicais nun formato dixital (mp3,ogg ou wma, vídeo…). Un dos temas ten que ser obrigatoriamente de autoría propia.



· Apartado de artes plásticas e visuais: obrigatoriamente enviarán un deseño gráfico como mínimo (deseño de logotipo, portada para disco, cartel, banda deseñada…) que represente ao grupo ou solista. Poden presentar a maiores outro tipo de proposta artística (videoclip, instalación, deseño de escenografía, vestiario, complementos…) relacionada coa súa estética musical. Calquera das propostas enviadas terá que ser nun formato de imaxe dixital (jpg, bmp ou png, avi…). O autor ou autores destas propostas poden ser diferentes aos participantes do apartado musical.



· Os participantes teñen que presentar unha fotografía do grupo ou solista en formato jpg, bmp ou png.



· Toda esta documentación enviarase á dirección de correo electrónico: pintaoderock@gmail.com. Deberase sinalar no asunto do envío: pintao de rock + nome do grupo ou solista.



· A presentación de toda a documentación realizarase do 19 de outubro de 2015 ao 15 de xaneiro de 2016.



· Os datos persoais que se solicitan serán incorporados a un ficheiro propiedade do IES RAMÓN CABANILLAS de Cambados. A finalidade do tratamento destes datos será a de facerlle chegar información sobre os servizos, programas e actividades organizadas polo certame Píntao de rock e a súa difusión no blog http://pintaoderock.blogspot.com.es/, e nos medios de comunicación.



Por outra banda, os participantes poderán exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición de datos persoais dirixindo un escrito a pintaoderock@gmail.com.





4. FASES DO CONCURSO



FASE 1ª

· O XURADO DO CONCURSO seleccionará nesta fase aos 4 participantes que formarán parte da fase final do certame.

Cada un dos membros do xurado dará o seu voto (1 a 10) a cada una das propostas presentadas nos dous apartados, e o resultado final da nota obterase da media aritmética do do Apartado musical + Apartado de artes plásticas e visuais; e dicir, ambos apartados teñen a mesma importancia á hora das votacións.



· O fallo e a composición do xurado farase público no blog http://pintaoderock.blogspot.com.es/ e por correo electrónico a cada un dos participantes o día 30 de xaneiro de 2016.



FASE 2ª

· Os seleccionados actuarán nun concerto-final o día 8 de abril do 2016 a celebrarse no salón de congresos e exposicións José Peña do concello de Cambados, acondicionado para este fin.



· Os compoñentes das Bandas que actúen en directo deberán corresponder aos membros inscritos. A sustitución dalgún membro deberá estar xustificada por causas de forza maior e deberá autorizarse pola organización. En todo caso o sustituto debe cumprir os requisitos recolleitos nestas Bases.



· As bandas que tomen parte no concerto deberán acudir cos seus propios instrumentos e amplificación, se ben a organización preparará convintemente a sala para o envento ( mesa de son, amplificación xeral, iluminación básica…). Se a actuación dalgunha das bandas requerise un tratamento concreto de iluminación, escenografía, vestiario…deberá ser previsto polos participantes.



· Os gastos de desprazamento para realizar a súa actuación correrán a cargo dos participantes.



· as cancións interpretadas en directo por cada participante poden ser ata 4, sendo obrigatoriamente a metade dos mesmos como mínimo de autoría propia.





· O xurado do concurso votará en directo e públicamente cada una das propostas presentadas.

Das votacións do xurado sairá o gañador do 2º certame Píntao de rock.





5. XURADO DO CONCURSO



· Na FASE 1ª: o Xurado estará composto por persoas relacionadas co sector musical e as artes plásticas e visuais, así como representantes do IES RAMÓN CABANILLAS e o CONCELLO de Cambados.



· Na FASE 2ª: o Xurado estará composto polo mesmo grupo anterior + un representante do público asistente ao concerto para cada proposta participante, escollido ao chou pola organización.



6. DEREITOS DE PROPIEDADE INTELECTUAL E AUTORIZACIÓNS



· Antes do inicio da FASE 2ª, as bandas clasificadas que teñan rexistradas as súas cancións nalgunha entidade que defenda os seus dereitos de propiedade intelectual deberán comunicalo organización do Concurso. Isto solicítase con obxecto de protexer os dereitos dos participantes.





7. PREMIOS



· Dúas categorías:



· Mellor banda ou solista do certame píntao de rock 2015



Un único premio consistente en:



· Trofeo acreditativo

· Gravación de 4 temas en formato wav, nun estudo de gravación escollido pola organización do certame.

· Unha actuación no concello de Cambados durante as festas do Albariño 2016.





· Mellor banda ou solista cambadés do certame píntao de rock 2015



Un único premio consistente en:



· Trofeo acreditativo

· Unha actuación no concello de Cambados durante as festas do Albariño 2016.





De darse o caso de que o gañador do certame fose un participante cambadés, o seguinte por orde de puntuación acadaría o premio nesta categoría.



· Todos os participantes recibirán un Trofeo e un diploma acreditativo da súa participación.




8. DA ORGANIZACIÓN


A organización resérvase o dereito de modificar estas bases para o mellor desenvolvemento do concurso.


A organización do concurso non se fai responsable daqueles temas que se remitan polos participantes e que puidesen violar os dereitos de autor de terceiros; sendo os participantes os únicos responsables en caso de reclamación.



A organización do concurso comprométese á difusión nos medios públicos da información referida a este certamen.




9. ACEPTACIÓN DE BASES



A participación no Concurso supón a aceptación íntegra das Bases por cada un dos compoñentes inscritos.



A organización, en calquera das fases do Concurso, excluirá a aquelas bandas que non reúnan os requisitos establecidos nas bases do mesmo.




10. INFORMACIÓN

· Correo electrónico: pintaoderock@gmail.com



Desde o mes de outubro de 2015 e ata a realización da fase final en abril do 2016 irán aparecendo periódicamente información e recomendacións no blog http://pintaoderock.blogspot.com.es/




PÍNTAO DE ROCK-FICHA DE INSCRICIÓN